Reclaman ao Concello de Ribadeo que habilite máis aparcadoiros nas Catedrais
O Grupo Municipal do PP de Ribadeo esixe actuar con rapidez no acondicionamento das zonas de aparcamento no entorno da praia das Catedrais.
Os populares ribadenses piden medidas urxentes debido á “falta de planificación”do Goberno do BNG que “a pesar de ter anunciadoa habilitación de aparcamento na zona, en plena época estival,se atopa nun penoso estado”.
A vicevoceira do grupo popular no Concello de Ribadeo, Elena Sierra, lamenta que “na época do ano na que un dos recursos turísticos do municipio máis destacados se converte nun dos lugares máis concorridos da comarca, as zonas nas que os usuarios e visitantes deste areal poidan estacionar os seus vehículos non poden ser utilizadas; xa que se atopan totalmente cubertas de herba”.
Así mesmo, lamentan os populares “a desidia de Suárez Barcia” polo acondicionamento destas zonas; xa que “pese a levar varios anos á fronte do Concello, cada vez parece retrasar máis as súas xestións impedindo, polo tanto, a correcta posta en marcha dos servizos nos areais ao comezo da temporada”.