Recollen doazóns de sangue en Abadín este luns

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 19.00 e as 21.00 horas no lateral do colexio
doazon-sangue-camion-sergas
28 Sep 2025

A unidade móbil de doazón de sangue estará o luns 29 de setembro no Concello de Abadín para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 19.00 e as 21.00 horas no lateral do colexio.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

⚙ Configurar cookies
0.2421989440918