Recollen doazóns de sangue en Parga
TerraChaXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará este sábado 13 de febreiro no Concello de Guitiriz, concretamente en Parga.
11 Feb 2021
A unidade móbil de doazón de sangue estará este sábado 13 de febreiro no Concello de Guitiriz, concretamente en Parga, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 12.30 e as 15.00 horas no campo da feira.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.