Recollen doazóns de sangue en Pol

Pol
LugoXa | TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas diante do Concello
Imaxe dun autobús de doazóns de sangue
22 sep 2024

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 23 de setembro no Concello de Pol para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas diante do Concello.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.099785089492798