Recollen doazóns de sangue en Vilalba este venres
TerraChaXa
O vehículo prestará servizo na praza da Constitución, ao carón do templete
Autobús de doazón de sangue
5 sep 2024
A unidade móbil de doazón de sangue estará este venres 6 de setembro no concello de Vilalba para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e entre as 16.00 e as 21.00 horas debaixo da Alameda, diante de Caixabank.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.