Recollen doazóns de sangue en Vilalba o venres e o sábado

A unidade móbil de doazón de sangue estará este venres 27 e o sábado 28 de xuño no concello de Vilalba para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo o primeiro día entre as 10.00 e as 14.00 e entre as 16.00 e as 21.00 horas na rúa Plácido Peña, diante de Don Dino. O segundo día o horario será de 10.00 a 15.00 horas.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.