Recollen doazóns de sangue en Xermade este martes
									TerraChaXa								
			O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 a carón do Concello.
 					
					
Unidade móbil de doazón de sangue
			
			28 Jul 2025
			
				A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 29 de xullo, no Concello de Xermade para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 a carón do Concello.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.