Recollen doazóns de sangue en Xermade este xoves

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 en Xermade, a carón do Concello.
doazon-sangue-camion-sergas
Unidade móbil de doazón de sangue
28 Ago 2024

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves, 29 de agosto no Concello de Xermade para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 en Xermade, a carón do Concello.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.092000007629395