Recollen doazóns de sangue este luns en Castro Ribeiras de Lea
LugoXa | TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas no campo da feira

18 Jan 2026
A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 19 de xaneiro, na localidade de Castro Ribeiras de Lea, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas no campo da feira de Castro Ribeiras de Lea.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.