Recollen doazóns de sangue este luns na Pastoriza

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 12.00 horas na praza do Concello
doazon-sangue-camion-sergas
Camión para recoller doazóns
30 Xuño 2024

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns, 1 de xullo, no concello da Pastoriza para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 12.00 horas na praza do Concello.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.18042898178101