Recollen doazóns de sangue este martes en Castro de Rei

TerraChaXa | LugoXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 14 de xuño no Concello de Castro de Rei, para recoller as doazóns
doazon sangue
11 Xuño 2022

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes 14 de xuño no Concello de Castro, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 12.00 horas ao carón do Concello de Castro de Rei e de 12.00 a 14.00 e de 16.00 a 21.00 horas no campo da feira de Castro Ribeiras de Lea.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

0.1241660118103