Recollen doazóns de sangue este martes en Guitiriz

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas e entre as 16.00 e as 21.00 horas ao carón do Concello
doazon-sangue-camion-sergas
Camión para recoller doazóns
28 Xul 2024

A unidade móbil de doazón de sangue estará este martes, 30 de xullo, no concello de Guitiriz para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas e entre as 16.00 e as 21.00 horas ao carón do Concello.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.1786789894104