Recollen doazóns de sangue este sábado en Guitiriz
TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 15.00 horas ao carón do Concello

Camión para recoller doazóns
19 Feb 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará este sábado, 22 de febreiro, no concello de Guitiriz para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 15.00 horas ao carón do Concello.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.