Recollen doazóns de sangue este xoves en Begonte, Parga e Abadín

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves, 3 de abril, nos concellos de Begonte, Guitiriz e Abadín para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
No primeiro caso estará de 10.00 a 12.00 horas diante da oficina do Consorcio, diante de Abanca.
Despois, o vehículo prestará servizo en Parga entre as 12.30 e as 14.00 horas no campo da feira. Pola tarde, entre as 16.00 e as 18.30 estará en Abadín, no lateral do colexio.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.