Recollen doazóns de sangue mañá en Friol
TerraChaXa | LugoXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 21 de xaneiro no Concello de Friol, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
20 Jan 2021
A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 21 de xaneiro no Concello de Friol, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas na praza Curros Enríquez, ao lado de Abanca.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorazar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.