Recollen doazóns de sangue nas Pontes esta semana

TerraChaXa
A unidade móbil de doazón de sangue estará venres e o sábado no Concello das Pontes, para recoller as doazóns dos veciños.
cartel doazón sangue as pontes
cartel doazón sangue as pontes
30 Maio 2023

A unidade móbil de doazón de sangue estará o venres 2 e o sábado 3 de maio no Concello das Pontes, para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 horas o sábado e de 16.00 a 21.00 horas o venres na praza do Carmen.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou sen su caso tarxeta de doante.

Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.

doazon sangue as pontes
0.17030000686646