Recollen doazóns de sangue nas Pontes este luns

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e entre as 16.00 e as 21.00 horas na praza do Carme
Imaxe dun autobús de doazóns de sangue
Autobus
7 Xul 2024

A unidade móbil de doazón de sangue estará este luns 8 de xullo no concello das Pontes para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e entre as 16.00 e as 21.00 horas na praza do Carme.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.090608835220337