Recollen doazóns de sangue nas Pontes este mércores

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 21.00 horas na praza do Carmen
autobus-doazon-sangue-galicia-portada
Autobús de doazón de sangue
17 Mar 2026

A unidade móbil de doazón de sangue estará este mércores, 18 de marzo, no concello das Pontes para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 16.00 e as 21.00 horas na praza do Carmen.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no seu caso tarxeta de doante.

0.10353398323059