Recollen doazóns de sangue nas Pontes este xoves
TerraChaXa
O vehículo prestará servizo na praza do Carmen

Autobús de doazón de sangue
3 Feb 2025
A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves 6 de febreiro no concello das Pontes para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e entre as 16.00 e as 21.00 horas na praza do Carmen.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no sen caso tarxeta de doante.