Recollen doazóns de sangue nas Pontes estes venres e sábado

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo na praza do Carmen
autobus-doazon-sangue-galicia-portada
Autobús de doazón de sangue
3 Jul 2025

A unidade móbil de doazón de sangue estará este venres 4 e sábado 5 de xullo no concello das Pontes para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e entre as 16.00 e as 21.00 horas o primeiro día e de 10.00 a 15.00 horas o segundo. Estará na praza do Carmen.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no sen caso tarxeta de doante.

⚙ Configurar cookies
0.18054389953613