Recollen doazóns de sangue nas Pontes estes xoves e venres

TerraChaXa
O vehículo prestará servizo na praza do Carmen
autobus-doazon-sangue-galicia-portada
Autobús de doazón de sangue
6 Aug 2025

A unidade móbil de doazón de sangue estará este xoves, 7 de agosto e venres 8 no concello das Pontes para recoller as doazóns dos veciños que así o desexen maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.

O vehículo prestará servizo entre as 10.00 e as 14.00 e entre as 16.00 e as 21.00 horas o primeiro día e de 16.00 a 21.00 horas o segundo. Estará na praza do Carmen.

O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou no sen caso tarxeta de doante.

⚙ Configurar cookies
0.16624402999878