Recollen doazóns de sangue o luns en Cospeito
TerraChaXa
O vehículo prestará servizo o luns, 3 de maior, en horario de 10.00 a 14.00 diante da casa consistorial. Hai que pedir cita previa.
2 Maio 2021
A unidade móbil de doazón de sangue estará o este luns día 3 de maio en Cospeito para recoller as doazóns dos veciños e veciñas que así o desexen, sempre que sexan maiores de 18 anos e con máis de 50 quilos de peso.
O vehículo prestará servizo de 10.15 a 14.00 horas diante da casa consistorial.
O servizo lembra que para doar sangue hai que almorzar e despois de xantar esperar dúas horas. Hai que presentar DNI ou documento similar ou, no seu caso, tarxeta de doante.
Aquelas persoas interesadas en realizar unha doazón deben solicitar cita previamente, chamando ao número gratuíto 900 100 828.