Recollida de plásticos de silos en Muras do 12 ao 16 de maio

TerraChaXa
Non se poderán depositar en bens de uso ou dominio público, lembrando a prohibición de depositalo nos contedores de lixo ou ao seu carón
plasticos-de-silos
10 May 2025

O Concello da Muras pon en marcha a recollida de plásticos de silos. A recollida será nos mesmos lugares que o ano pasado entre os días 12 e 16 de maio.

Os plásticos deberán estar depositados nun lugar de fácil acceso para o vehículo de recollida, sen atrancos que a entorpezan ou ralenticen e dentro da explotación. Non se poderán depositar en bens de uso ou dominio público, lembrando a prohibición de depositalo nos contedores de lixo ou ao seu carón.

Os plásticos deberán ir limpos de terra (só plásticos de silo, non se aceptarán nin cordóns, nin garrafas, nin calquera derivado da actividade agrícola).

⚙ Configurar cookies
0.18367409706116