Recomendan non consumir auga da traída en Castro de Rei

LugoXa | TerraChaXa
O aviso permanecerá vixente ata que se solucionen os incumprimentos detectados
Imaxe dun grifo de auga
31 Jul 2025

O Concello de Castro de Rei vén de emitir un bando municipal no que informa de restricións no uso da auga da rede de abastecemento tras detectarse incumprimentos paramétricos nas análises realizadas na ETAP de Quintela. Esta planta subministra auga a numerosas parroquias do municipio, entre elas Pacios, Ponte de Outeiro, Bazar, Santa Locaia, Coea, Quintela, Bendia, Matodoso, Triabá, San Julián de Mos, Ribeiras de Lea, Castro Riberas de Lea, Duarría, Loentia e Mondriz.

Atendendo ao requirimento da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Lugo, o alcalde Francisco Javier Balado Teijeiro comunica á poboación afectada a necesidade de non inxerir a auga da rede nin utilizala para a preparación de alimentos. Con todo, poderá empregarse para outros usos como a limpeza de alimentos e materias, uso en clínicas dentais, hixiene persoal (baño e ducha) e demais usos non alimentarios.

O aviso permanecerá vixente ata que se solucionen os incumprimentos detectados e se garanta a calidade da auga para o consumo humano.

⚙ Configurar cookies
0.20071196556091