Récord de visitantes e de ventas na Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá

TerraChaXa
A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá volveu facer historia a pasada fin de semana e logrou un novo récord de visitantes e de ventas.
54524963_2105252002857294_1216822676576796672_n
27 Mar 2019

A Feira do Queixo de Friol e Pan de Ousá volveu facer historia a pasada fin de semana e logrou un novo récord de visitantes e de ventas. De feito, Friol colapsouse tanto pola afluenza de visitantes como de vehículos. A media mañá xa non había onde aparcar, tanto as rúas como as instalacións que desde o Concello habilitaron para ese fin quedaron pequenas debido ao gran número de vehículos que foron chegando a Friol. Estímase que a cifra de visitantes deste ano superou as 20.000 persoas, algo inédito nesta cita que este ano rompeu con todos os récords que tiña ata a data.

Os 13.500 queixos que se expuxeron non chegaron a nada para tanta demanda e sobre as 13:00 horas xa non quedaban existencias. En canto ao pan máis do mesmo, as preto de 4.000 pezas de pan e derivados esgotáronse a media mañá.

Tanto as queixerías como as panaderías non daban crédito do que estaba a suceder, estaban afeitos vender case todo, pero segundo testemuños, nunca sucedeu tal cousa, sacábanllos das mans e en cuestión de dúas horas desde a apertura da feira quedaron esgotados os dous produtos estrela.

O acto de inauguración, consistente no corte de cinta, estivo a cargo da queixeira Estrella Buján, acompañada polo recentemente xubilado municipal do Concello Manuel Prado, ambos os acompañados polo alcalde de Friol, José Ángel Santos, todos os concelleiros do equipo de Goberno e o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.

Á edición de esta ano asisiron visitantes chegados desde todos os puntos de Galicia, con autobuses desde Vigo, Culleredo, Ourense e visitantes particulares de Asturias ou mesmo de Portugal.

Nesta masiva afluencia de visitantes tivo moito que ver as especiais condicións meteorolóxicas, cun día espectacular, pero "tamén parte do gran éxito de visitantes é debido ao esforzo que este ano o Concello fixo na difusión e na publicitación do evento", indicou o alcalde da localidade. Segundo o Concello a través de Correos, ademais do gran número de carteis que se difundiron por toda a xeografía galega, tamén se fixo un buzoneo en 71.000 vivendas, a difusión nos diferentes medios de comunicación e dos programas destes que lle dedicaron nesta 27 edicción.

O alcalde," agradece e felicita ás quexerías e derías que participaron nesta cita e anímaos a que fagan un esforzo en canto a produción para o próximo ano e así aproveitar o tirón que está a ter este evento".

55551900_2085524084828214_8963594745297240064_o
0.16179203987122