Recta final para a Carreira Popular das Praias, que se celebra en Barreiros este domingo

TerraChaXa | AMariñaXa
16 Abr 2019

Este próximo, 21 de abril, terá lugar en Barreiros a VII Carreira Popular das Praias, organizada pola asociación deportivo cultural Praias e Comado,  e coa que colaboran o Concello de Barreiros e a agrupación de Protección Civil. As inscrición péchanse o venres ás doce do mediodía.

A zona de carreira estará ubicada, como en anteriores ocasións en Punta Anguieira - San Bartolo, diante do Hotel Ría do Masma.

As carreiras infantís serán a partir das 11 horas con circuítos adaptados a cada categoría e integramente pola area da praia de Altar.

A carreira absoluta será a partir das 12.15 do mediodía, aproveitando a marea baixa. Sairá da praia de Arealonga e a meta estará situada na praia de Altar, para un total de case 10 quilómetros nos que os participantes pasarán por todas as praias de Barreiros, agás a de Anguieira por tratarse dunha praia de ría.

A característica principal desta carreira é que o circuíto transcorre nun 80% pola propia area mollada das praias, o que a fai especialmente atractiva para o disfrute dos participantes.

A organización pon a disposición dos atletas un servizo de autobús para os traslados dende a zona de meta ata a saída.

A entrega de trofeos será ás 13 horas para os máis cativos e ás 13.30 horas para os adultos. Ao remate haberá uns pinchos para os participantes e acompañantes.

Toda a información e inscricións para a carreira están na web www.carreirapopulardaspraias.jimdo.com ou no tfno. 649 57 13 60.

0.071563959121704