“Recuperado o oficio, queremos darlle un futuro económico”

TerraChaXa
Entrevista a Alfonso Franco Criado, que é presidente da Asociación Amigos da Madeira, organizadora do Encontro de Torneiros.
encontro torneiros xermade1
11 sep 2022

A próxima fin de semana terá lugar en Xermade o tradicional Encontro de Torneiros, que recupera unha programación completa similar ás edicións anteriores á pandemia. Falamos con Alfonso Franco Criado, que é presidente da Asociación Amigos da Madeira, organizadora do evento.

O Encontro de Torneiros está organizado pola Asociación Amigos da Madeira das Pontes, á fronte da que está Alfonso Franco Criado.

Como xurden os encontros?

Os encontros nacen no 2001 por unha colaboración de dous rapaces que tiñan moito interese no mundo do torno, Fernando Veres e Vicente Ledo. Vicente ten unha casa de turismo rural en Cazás, e tiña un local donde facía restauración de mobles polo que deciden facer unha reunión de torneiros alí. Fernando coñecera a Lolo Castro e gustoulle moito o mundo do torneado, así que propuxeron unha reunión porque era un oficio que estaba a piques de desparecer, de feito a única persoa da zona que se coñecía que facía torno era Lolo. Como era un oficio a extinguir decidiron tratar de recuperalo, de encontrar os coñecementos, ferramentas e utilidades, é decir de saber como era o mundo do torno.

Cando foi o primeiro encontro?

Eles fan o primeiro encontro no 2001 e tiveron unha resposta bastante ampla, máis se cabe fóra de Galicia. Comezou a vir xente de Asturias, Cataluña e País Vasco. Era xente afeccionada, non eran profesionais, salvo Arturo que era cuidador do Museo e facía demostración de torno de ballesta. A raíz diso decidiron continuar todos os anos facendo a reunión que foi crecendo dende o primeiro ano pero empezou a medrar esa afección. Debido a este aumento de afluencia, o local que é o taller de restauración de Aldeas Artesanais da Fraga, no que estaban a realizar a reunión, queda pequeno. A partir de aí, fálase co Concello que cede o polideportivo para celebrar os encontros, que continúan medrando.

E a asociación como xurde?

No 2007 contémplase a posibilidade de facer unha asociación para entre encontro e encontro manter o contacto e seguir evolucionando na recuperación do torneado artesanal. Así nace a Asociacion de Amigos da Madeira das Pontes que a función primordial era a recuperación do oficio do torno. Xunto a ese oficio do troneo establécese conxuntamente a asociación de torno e talla xa que nas pontes había moitos tallistas e están moi interrelacionados e vinculados xa que moitos que realizan torno tamén realizan talla e ao revés. A asociación está nas pontes porque naqueles momento moita xente que a integraba estaba nas Pontes ou tiña algunha vinculación cas Pontes.

Cantos integrantes ten?

Contamos con 65 socios. A Asociación comezou cunha vintena de socios, botou uns anos que non había moita actividade ata que se consolidou. Despois, a morte de Fernando Veres supuxo un impás con case a parálise da asociación. Recuperouse e comezaron a desenvolverse obradoiros e tivo un empuxe grande de novos socios. Neste últimos anos ademais alégranos moito a incorporación de rapaces novos como socios, de feito este ultimo ano nunha das quendas dos obradoiros eran fundamentalmente rapaces. A xente dá un relevo na asociación e ademais  trae ideas novas, novos coñecementos e con internet ven cousas que queren probar e ver como é e esto supón unha continua innovación.

O de estar en Xermade é porque naceu alí o encontro, na casa de Cazás, e alí tamén foi onde medrou e onde se segue celebrando

Que tipo de actividades facedes?

Durante todo o ano temos uns obradoiros de torno. Nos damos un curso de torno que dura todo o ano e é bastante completo e a final de curso, en xuño, facemos un día de portas abertas onde se realiza un día de torneado aberto para todo o que queira vir a vernos e onde veñen asociacións similares á nosa, un intercambio con outras asociacións como Virutas de Ferrol ou Amigos da Madeira de Ribadeo coas que facemos un pequeno intercambio. Os alumnos que estiveron facendo o obradoiro fan unha pequena demostración dos seus coñecementos e unha pequena exposición. Tamén colaboramos, a parte de co Concello das Pontes, con outros concellos como Moeche, Guitiriz, Ribadeo en determinadas cousas que fan relacionadas por exemplo con feiras de artesanía onde realizamos demostracións en vivo e máis exposicións de pezas. Casi todo o ano temos cousas nas que participar.

Por qué Xermande?

O de estar en Xermade é porque naceu ali o encontro, na casa de Cazás que pertence ao concello de Xermade, e alí tamén foi onde medrou e síguese celebrando alí. Nas Pontes si había moita tradición de torneiros. No ano 1752 no catastro aparecen 21 torneos de Escobillas de Palo, nunha vila que tería 200 habitantes onde 21 se dedicaban ao torno e hoxe hai mais de 21 persoas que dunha maneira ou outra tornean de xeito afeccionado porque digamos que o último torneiro profesional foi Lolo Castro. Digamos que As Pontes é o punto de referencia da asociación porque é o punto onde hai hoxe en día mais afluencia de xente que está interesada por este tema. As Pontes ten bastantes habitantes e é máis fácil de desenvolver a actividade aquí que nun concello pequeno coma Xermade cunha poboación máis envellecida. Que siga alí o encontro de torneiros e porque alí naceu, ali se fixo a maioria de idade e queremos que siga alí.

Que novidades temos este ano?

Este ano por unha parte imos ter demostradores que veñen de fóra. Dúas persoas de Francia, unha de Inglaterra e outra de Galicia que vai ser Lolo Castro, que  fará os tradicionais traballos coa legra. De Inglaterra ven Paul Hannaby que vai realizar traballos con pinturas e onde xa se incorpora a madeira con algúns metais para facer complementos. Por parte de Francia ven Patrick Arlot, que nos vai facer unha serie de pezas coas que vai facer texturados cunha fresadora; e Georges Baudot  que vai a facer torneados en distitntos eixes que imos ver sobretodo o finalizado de cousas descentradas que é moi interesante. Todo o mundo da artesanía está evolucionando e vaise a actualizar a lei de artesanía de Galicia e imos ter unha pequena exposición por parte da xerencia Fundación Pública de Artesanía de Galicia dos rasgos que se van contemplar nesa nova lei e dos cambios que vai haber. E decir un esbozo en liñas xerais da nova lei que será o venres pola mañá  dos aspectos a actualizar dentro da norma.

Contades con apoios?

Si os encontros dende un principio tiveron sempre o apoio e a colaboración da Fundación Artesanía de Galicia e da Dirección Xeral de Comercio e da Consellería de Industria. O Concello de Xermade tamén apoia sempre e nestes últimos anos tamén tivemos un forte respaldo da Deputación. O impulso económico é fundamental para seguir adiante, nós aportamos a colaboración co Concello de Xermade no referente a organización e o económico porque traer a unha persoa doutro país ten un custe económico grande e precisamos un apoio económico neste caso da Xunta, a Deputación e o Concello de Xermade.

De cara ao futuro, hai algunha liña esbozada de onde queredes ir?

De cara ao futuro pensamos que o oficio está un pouco recuperado e actualizado entón agora queriamos tratar de recuperar a actividade económica. É dicir, que o oficio sexa rendible para aquelas personas que queiran dedicarse a isto como  medio de vida, non digo total pero si de xeito parcial. Isto pasa primeiro por unha posta en valor das pezas. Aquí non se venden pezas pero queremos que a xente as valora e xa hai un interese por comprarlas, entón creemos que chega o momento de pensar de cara ao futuro a maneira de poder comercializalas. Agora en Galicia xa hai obradoiros que participan nas mostras e que teñen durante todo o ano actividades, como escolas de torno e fan pezas para empresas ou comercios, entón o que queriamos era buscarlles unha saída económica, que se poda comercializar as pezas desta xente ben a través de internet ou ben nos obradoiros propios pero xa buscarlle un futuro económico o oficio. Agora que creemos que o oficio está tecnolóxica e técnicamente algo recuperado ahora teriamos que darlle ese valor económico para que o oficio poda seguir fucionando. Hoxe co nivel que hai xa non é de afeccionas senón de autenticos profesionais.

Que necesidades se plantexan?

Estamos moi contentos coa colaboración tanto das institucións coma da xente e afeccionados que nos visitan e que participan. Todos os anos fomos medrando en participación, por exemplo o ano pasado había uns sesenta expositores, desde os primeiros anos que eran catro ou cinco. Estamos moi contentos coa evolución. Queremos que se siga consolidando, que siga a xente vindo a ver o que hai en Xermade do 16 ao 18 de setembro, que nos visite, que se vaian contentos, que se queden na zona de Xermade porque é importante para a hostalaría. Necesitabamos de cara ao futuro que o pavillón, que xa ten os seus anos, tivera un pouco de actualización debido o volumen que se esta acadando agora mesmo de visitas. Gustaríame tamén convidar á xente que nos visite, que vai ir contenta co que vé alí, tanto coas actividades como coas pezas que van a estar expostas. Son cousas que vale a pena ver porque ademais van estar os profesionais e afeccionados que as fan e poden preguntar dúbidas, como se realizan as pezas. E vai poder ver como se fan cousas que as veces parece imposible facelas nun torno.

encontro torneiros xermade lolo
encontro torneiros xermade xarron
encontro torneiros xermade tonono
encontro torneiros xermade 2
encontro torneiros xermade Adrian
encontro torneiros xermade xoguete
encontro tonerios xermade cuncos
encontro torneiros xermade CONtornos
encontro tonerios xermade fran ferrer exhibicion
encontro tonerios xermade copa
0.28357195854187