Reencuentro emotivo en Meira da primeira promoción do colexio local

Este sábado, 26 de abril, tivo lugar unha emotiva celebración nos barracóns da Praza do Convento de Meira, onde se reuniu a primeira promoción de EXB (Educación Xeral Básica) do colexio de Meira para conmemorar os 50 anos desde a súa saída do centro.
Ao encontro acudiron 32 dos 36 antigos alumnos que formaron parte daquela histórica promoción. A celebración contou tamén coa presenza de tres membros do profesorado da época: Lines Fernández, Pedro Salaverri e Paco Trashorras. Durante a sobremesa, houbo espazo para o recordo, as anécdotas e a entrega de agasallos, nun ambiente cargado de emoción e nostalxia.
A xornada comezou ás 13:00 horas cunha fotografía de grupo nas instalacións do colexio, replicando a imaxe tomada en 1975, cando remataron os seus estudos.
