Reforman a loita contra a violencia de xénero cos novos equipos especializados en Vilalba

TerraChaXa
A subdelegada destaca este paso para mellorar a atención ás vítimas, con equipos que actúan no primeiro chanzo contra a violencia machista
garda civil violencia de xenero vilalba
5 May 2022

A subdelegada destaca este novo paso para mellorar a atención ás vítimas, con equipos que actúan no primeiro chanzo da resposta contra a violencia machista.

A subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, destacou onte a firme aposta pola igualdade e a implicación das forzas e corpos de seguridade que traballan contra a violencia de xénero. A subdelegada do Goberno visitou hoxe o Cuartel de Vilalba, acompañada polo coronel xefe da Comandancia, Miguel Ángel González Arias, e pola alcaldesa, Elba Veleiro, para coñecer o funcionamento do novo equipo especializado na loita contra a violencia de xénero.

Isabel Rodríguez anunciou que a Garda Civil impulsa o seu traballo contra a violencia machista coa creación de catro equipos especializados na provincia, un deles en Vilalba, que nacen para reforzar a proximidade e inmediatez na atención ás vítimas e no seguimento dos casos. Estes equipos supoñen un reforzo no primeiro chanzo na resposta contra a violencia de xénero no ámbito da Garda Civil, no que tamén intervén o persoal de Seguridade Cidadá.

A subdelegada lembrou que a violencia machista supón un dos grandes desafíos para a nosa sociedade, como o demostran as 590 vítimas da provincia con casos activos rexistrados no sistema Viogen.

Rodríguez destacou que a loita contra esta lacra constitúe un compromiso irrenunciable para o Goberno, que leva investidos en Galicia máis de 50 millóns de euros en políticas de igualdade desde 2018. Na última transferencia, os concellos da provincia de Lugo recibiron do Goberno 370.256 euros para a loita contra a violencia de xénero.

Os novos equipos, que terán sede en Lugo, Vilalba, Monforte de Lemos e Burela, as catro cabeceiras das Compañías nas que está organizada a Garda Civil na provincia, terán como principais cometidos a revisión das valoracións de riscos, así como o seguimento dos casos en canto a vítimas e autores que sexan responsabilidade dos postos da súa área de actuación.

O equipo Viogen encargarase da supervisión, control e asesoramento dos casos menos graves instruídos polo posto. Nos casos de especial dificultade intervén o equipo Muller-Menor, Emume. A resposta institucional da Garda Civil ante a violencia de xénero ten a súa continuidade a través dos Puntos de Atención Especializada, constituídos por unidades de Policía Xudicial e integrados por especialistas con formación específica no ámbito da Mulller-Menor.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.16183805465698