Regresa a Begonte o campus de ximnasia rítmica

TerraChaXa
Será do 8 ao 12 de xullo en horario de mañá
campus-ximnasia-ritmica-begonte
Cartel do campus
5 Xuño 2024

Este verán o Concello de Begonte contará de novo co Campus de Ximnasia Rítmica, organizado polo Club Violeta e dirixido a nenos e nenas a partir de 5 anos.

Este terá lugar entre os días 8 e 12 de xullo en horario de 10.00 a 14.00 horas con opción de madrugadores ás 9.00. Desenvolverase no pavillón de Begonte e practicaranse técnicas corporal e de aparatos, preparación física, acrobacias, talleres creativos, danza e xogos.

Os que desexen participar deberán inscribirse no whatsapp 645 483 985. Ten un custo de 80 euros.

0.18642997741699