Regresa a esperada Feira do Cabalo de Castro Ribeiras de Lea

TerraChaXa | LugoXa
A Feira do Cabalo de Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei, volve celebrarse este ano tras dous anos de ausencia.
feira do cabalo castro portada
31 Ago 2022

A Feira do Cabalo de Castro de Ribeiras de Lea, en Castro de Rei, volve celebrarse este ano tras dous anos de ausencia co obxectivo de lugar xuntar de novo os 400 animais doustras edicións, nunha cita con tradición que é un reclamo para os visitantes.

A feira, que se celebrará no mercado gandeiro e a súa contorna será o sábado 3 e a apertura do recinto para a entrada dos animais participantes está programada para ás 8.00 horas.

A partir das 11.00 haberá probas de andadura non federadas e a xornada incluirá música e postos de venda con artigos de equitación, artesanía e os típicos de feira. Tamén haberá postos de comida como o de polbo ou churrasco e estará amenizado coa actuación dunha charanga e con actividades para nenos.

A feira espera manter o nivel de afluencia das anteriores edicións previas á pandemia.

O Concello vai entregar un agasallo a todos aqueles visitantes que vaian a cabalo á feira.

feira do cabalo castro
0.19861197471619