Regresa a Romaría Labrega da Chaira a próxima fin de semana
A Romaría Labrega da Chaira tivo que esperar dous anos para poder celebrar a XXX edición nos Vilares de Guitiriz, que serán os días 13 e 14 deste de mes con merendas na carballeira do Cancelo.
O sábado abre a xornada a ruta cabalar ás 10:00, e contará cun menú de empanada, paella, costela asada con patacas, sobremesa, café e chupito, e todo isto por un prezo de 25 euros.
Máis tarde será a inauguración da IV Mostra de artesanía e a Carreira Popular para a que será preciso inscribirse antes do 11 de agosto.
O pregón, que será ás 14:00 horas, correrá a cargo de Manuel Castro Santamariña, Cachan, e despois haberá unha sesión vermú cos Leirabuxo. Antes tamén está prevista a actuación de pandereteiras Na casa Zoqueiro.
Pola tarde haberá xogos populares infantís e xincanas e carreiras de cabalos, ademais do sorteo dunha xovenca de Rubia Gallega, ademais da actaución de Peter Punk e hinchables.
Para a cea poderanse degustar liscos e chourizos, e tamén haberá actuacións de Carunchos e Os Residuos Atractivas.
O domingo 14 comezará ás 11.00 horas cunha escultura con motoserra a cargo de Marcos Mariño e a saída da Marcha de Vehículos Antigos pola parroquia e posterior concentración na carballeira.
A música na sesión vermú correrá a cargo do grupo Requinta da Laxeira, desois da actuación de Os Trapeiros dos Vilares.
Pola tarde e tras a actuación de Bruxainas terán lugar de novo os xogos populares, as probas de habilidade con maquinaria agrícola, a III carreira de cortacéspedes, festa da escuma e o sorteo de varias esculturas feitas con motoserra.
De novo para a cea poderánse degustar liscos e chourizos tratuítos para rematar coa actuación de Javi Show.