Os Vilares prepárase para vivir a Romaría Labrega da Chaira os días 10 e 11 de agosto

TerraChaXa
O sábado abre a xornada coa ruta cabalar para, máis tarde, dar paso á inauguración da IV Mostra de artesanía e Carreira Popular
romeria-labrega-da-chaira
Cartel
3 Ago 2024

O Concello de Guitiriz acolle a XXXII edición da Romaría Labrega da Chaira, que será os días 10 e 11 deste de mes

O sábado abre a xornada a ruta cabalar ás 10:30, e contará cun menú de empanada, paella, carne asada con patacas, sobremesa, café e chupito, e todo isto por un prezo de 27 euros.

Máis tarde será a inauguración da IV Mostra de artesanía e a Carreira Popular para a que será preciso inscribirse antes do 8 de agosto.

O pregón, que será ás 14:00 horas, correrá a cargo de Luís, O Caruncho, e despois haberá unha sesión vermú con Tumba e Dalle. Antes tamén está prevista unha carreira infantil.

Pola tarde haberá xogos populares infantís e xincanas e carreiras de cabalos, ademais do sorteo dunha novilla de Rubia Gallega, ademais da actuación de Peter Punk e hinchables.

Para a cea poderanse degustar liscos e chourizos, e tamén haberá actuacións de Carapaus e A Banda da Balbina.

O domingo 14 comezará ás 11.00 horas coa a saída da Marcha de Vehículos Antigos pola parroquia  e posterior concentración na carballeira.

A música na sesión vermú correrá a cargo de Airiños da Febra, despois da actuación de Os Trapeiros dos Vilares.

Pola tarde e tras o xantar, terá lugar unha romaría pequena a cargo de Pulpiño Viascón, Festa da Escuma, sorteos e máis música.

A comida, que terá un prezo de 27 euros, consistirá en paella, carne asada con patacas e pementos, sobremesa e café. É necesario inscribirse antes do 8 de agosto chamando aos teléfonos de Brais  (619 113 431) e Ana (639 823 209)

De novo para a cea poderanse degustar liscos gratuítos para rematar coa actuación de Brassika Rapa

0.080311059951782