Regresa a Vilalba desde hoxe unha nova edición de Comercio na Rúa
TerraChaXa
Coincidindo coas festas de San Ramón e Santa María volve dende hoxe o Comercio Na Rúa.
21 Ago 2023
Coincidindo coas festas de San Ramón e Santa María volve dende hoxe o Comercio Na Rúa. A concelleira de comercio María Xosé Fernández vén de reafirmar a colaboración do Concello de Vilalba coa sección de comercio Asociación de Empresarios Polígono Sete Pontes de cara á organización da iniciativa.
Así, desde hoxe, ata o venres 25 de agosto, as compras cun importe mínimo de 10€, realizadas nun dos comercios participantes, poderán optar a gañar varios premios, tres vales de 100€ para gastar nun dos comercios participantes e 4 vales de 50€.
O sorteo celebrarase o día 30 de agosto e é imprescindible gardar o ticket de compra para xustificar que se realizou nos días indicados.