Regresa aos Vilares a Romaría Labrega da Chaira a fin de semana
O Concello de Guitiriz acolle a XXXII edición da Romaría Labrega da Chaira esta fin de semana.
O sábado abre a xornada a ruta cabalar ás 10:30, e contará cun menú de empanada, paella, carne asada con patacas, sobremesa, café e licor, e todo isto por un prezo de 27 euros.
Máis tarde será a inauguración da IV Mostra de artesanía e a Carreira Popular para a que xa está pechado o prazo de inscrición.
O pregón, que será ás 14:00 horas, correrá a cargo de Luís, O Caruncho, e despois haberá unha sesión vermú con Tumba e Dalle. Antes tamén está prevista unha carreira infantil.
Pola tarde haberá xogos populares infantís e xincanas e carreiras de cabalos, ademais do sorteo dunha novilla de Rubia Gallega, ademais da actuación de Peter Punk e hinchables.
Para a cea poderanse degustar liscos e chourizos, e tamén haberá actuacións de Carapaus e A Banda da Balbina.
O domingo 14 comezará ás 11.00 horas coa a saída da Marcha de Vehículos Antigos pola parroquia e posterior concentración na carballeira.
A música na sesión vermú correrá a cargo de Airiños da Febra, despois da actuación de Os Trapeiros dos Vilares.
Pola tarde e tras o xantar, terá lugar unha romaría pequena a cargo de Pulpiño Viascón, Festa da Escuma, sorteos e máis música.
A comida, que terá un prezo de 27 euros, consistirá en paella, carne asada con patacas e pementos, sobremesa e café. É necesario inscribirse antes do 8 de agosto chamando aos teléfonos de Brais (619 113 431) e Ana (639 823 209)
De novo para a cea poderánse degustar liscos gtratuítos para rematar coa actuación de Brassika Rapa