Regresa en abril a Riotorto o servizo de podoloxía subvencionado polo Concello

TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto ofrecerá este ano un servizo de podoloxía dirixida a todos os veciños. O servizo, que terá un prezo de 15 euros.
6 Abr 2023

O Concello de Riotorto ofrecerá nos meses de abril e maio unha nova sesión do servizo de podoloxía dirixida a todos os veciños. O servizo, que ten un prezo de 15 euros, está financiado polo Concello e terá lugar o 13 de abril e o 9 de maio.

Para poder acceder a este programa unicamente é necesario estar empadroado no Concello e pedir cita previa nos servizos sociais municipais ou no teléfono 982 346 222. As sesións repetiranse varias veces durante o ano, tal e como anunciaron dende o Concello.

Este servizo ten como obxectivo prestar unha atención podolóxica básica a todas as persoas de cara a favorecer o seu benestar integral.

0.098177909851074