Regresa en outubro a Riotorto o servizo de podoloxía subvencionado polo Concello
TerraChaXa | AMariñaXa
O Concello de Riotorto ofrecerá este ano un servizo de podoloxía dirixida a todos os veciños. O servizo, que terá un prezo de 15 euros.
30 sep 2023
O Concello de Riotorto ofrecerá os días 4 e 19 de outubro senllas sesións do servizo de podoloxía dirixida a todos os veciños. O servizo ten un prezo de 15 euros.
Para poder acceder a este programa unicamente é necesario estar empadroado no Concello e pedir cita previa nos servizos sociais municipais ou no teléfono 982 346 222. As sesións repetiranse varias veces durante o ano, tal e como anunciaron dende o Concello.
Este servizo ten como obxectivo prestar unha atención podolóxica básica a todas as persoas de cara a favorecer o seu benestar integral.