Regresa o 11 a ruta cabalar ao San Antonio en Abadín
A asociación de Cabaleiros de Labrada celebrará o 11 de xuño unha nova edición da súa Ruta Cabalar ao San Antonio, en concreto número IX, que dará comezo ás 10.00 horas con saída do Campo da festa de San Antonio de Labrada.
Recupérase esta celebración tras dous anos sen facerse por mor da covid.
Como colofón da ruta celebrarase un xantar, ás 14.30, no campo da festa servido por Hermanos Debasa deixando paso pola tarde a unha sesión musical a cargo do dúo Elixir. O prezo do xantar será de 25 euros.
Como en edicións anteriores haberá sorteos e agasallos para os participantes.
A asociación lembra que para acudir ao xantar non é necesario ir a cabalo pero si hai que anotarse previamente nos teléfonos 650 171 426 e 699 024 637.
A ruta non terá carácter competitivo e cada participante deberá responsabilizarse do seu cabalo.