Regresa o Festival da Chaira este sábado a Baltar
O Festival da Chaira regresa a Baltar, na Pastoriza, despois de que se despedise no 2022 e de non ter celebración o ano pasado.
A asociación cultural A Chaínza volve facerse cargo desta cita musical e cultural do verán chairego e que nesta ocasións será este sábado, 22 de xuño, nun marco xa coñecido, a praria da Riboira.
O programa musical contará con dous grandes da música tradicional local, o Gurpo Tradicional de A Pastoriza, que actuará ás 13.30 horas abrindo o festival, e A Volta do Agro, que terá a súa quenda ás 14.30 horas.
A partir das 20.00 horas terán lugar as outras actuacións do festival, comezando por Caamaño&Aemixeiras, e seguindo ás 22.30 e á medianoite con Os do Campo e Feral Booty, respectivamente.
Pero o festival complatase con outras actividades. Así, ás 11.00 farase a Ruta da Espiga e pola tarde terá lugar un aberto de billarda.
E tamén haberá tempo para os nenos, que terán un obradoiro infantil ás 16.30 horas e actuará Pakolas ás 18.00.