Regresa o Libro das Festas Patronais de San Ramón e Santa María de Vilalba

TerraChaXa
O Concello de Vilalba xa ten listo o Libro das Festas Patronais de San Ramón e Santa María, unha tradicional publicación
1 libro festas vilalba 2022
14 Aug 2022

O Concello de Vilalba xa ten listo o Libro das Festas Patronais de San Ramón e Santa María, unha tradicional publicación que regresa despois de dous anos de parón pola pandemia.

O libro publícase por primeira vez desde o concello e recolle a programación completa das festas patronais, con todas as actividades culturais, deportivas, musicais, de ocio e lecer previstas para eses días. Na portada está a imaxe seleccionada no concurso de carteis das
festas, un traballo de Cristóbal Aguiló.

Ademais, o libro inclúe contidos moi variados e artigos asinados por persoas vencelladas ao pobo de Vilalba ou que gardan algunha relación especial coa capital da Terra Chá, mesmo escribindo sobre asuntos ou persoas relevantes e queridas para os vilalbeses.

Nas páxinas do libro inclúense espazos para visibilizar e recoñecer a todo o tecido asociativo cultural, deportivo e social, destacando á súa
vez aspectos relevantes como a gastronomía da vila, a arte, ou a unión a veciñanza despois destes anos de pandemia.

O volumen abre cun saúdo da alcaldesa de Vilalba, Elba Veleiro, e fai especial mención á pregoeira das festas, a matrona Benita Martínez
García, Beni, que traballa en Vilalba dende hai 15 anos e atende a mulleres de seis municipios (Abadín, Cospeito, Guitiriz, Muras, Xermade e Vilalba).

O libro das festas dá tamén un espazo especial á asociación de veciños de San Cosme de Nete, a quen se dedica este ano o Día das Parroquias, cun artigo asinado pola súa presidenta, Ángeles Rivas.

Como é tradicional, inclúe os anuncios dos distintos establecementos da localidade, a quen o Concello de Vilalba agradece o seu apoio ás festas un ano máis. A todos e todas as colaboradoras que escriben para o libro das festas sobre distintas temáticas tamén lle quixo o Concello trasladar un agradecemento, subliñando a súa xenerosidade e aportación.

Os exemplares do Libro das Festas Patronais poden adquirirse por un prezo de 10 euros na Casa da Cultura ou no propio Concello a partir do martes 16 de agosto.

libro festas vilalba 2022
0.16864395141602