As carrilanas de Riotorto regresan esta fin de semana en nova data

TerraChaXa | AMariñaXa
Chega este sábado a segunda baixada das carrilanas en Riotorto, debido ao éxito da edición do ano anterior, a primeira.
baixada-carrilanas-riotorto-portada
22 sep 2023

Chega este sábado a segunda baixada das carrilanas en Riotorto, debido ao éxito da edición do ano anterior, a primeira.

A actividade está organizada pola Asociación de Carrilanas os Meiregos, un club formado por veciños e amigos de Meira e esta celebración ten o dobre obxectivo de reivindicar esta práctica e ao mesmo tempo traer turismo á zona e axudar aos negocios.

O horario do evento comezará ás 11.00 horas coas verificación técticas e administrativas, de 13.00 a 14.00 horas haberá un pincheo. Ás 14.30 horas comezará o remonte de participantes á liña de saída e media hora despois serán os adestramentos oficiais.

A saída da primeira baixada oficial será ás 16.30 horas e ás 18.00 será a saída da segunda quenda.

A provincia de Lugo xa conta con varias probas en diferentes concellos, como no de Meira, que celebrou a cuarta proba ou o de Abadín, que se recuperou tras o parón de tres anos pola covid.

baixada-carrilanas-riotorto
0.13571405410767