Regresan os domingos de baile a Guitiriz coa música de Javi Loureiro

TerraChaXa
O evento, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas, contará cunha merenda
domingo-de-baile-guitiriz
25 Oct 2025

Este domingo 26 de outubro, a Escola Habanera de Guitiriz recupera as animadas xornadas de baile abertas a todo o público. O evento, que terá lugar entre as 17:00 e as 20:00 horas, promete ser unha tarde de diversión para persoas de todas as idades.

Durante a celebración, haberá un descanso acompañado dunha merenda para recargar enerxías. Os asistentes poderán desfrutar de diferentes sorpresas e a actuación en directo de Javi Loureiro. Os que non desexen bailar terán xogos de mesa.

A entrada terá un custo de 5 euros, e o evento está organizado polo Concello de Guitiriz.

⚙ Configurar cookies
0.066665172576904