Reigosa celebra cunha foliada o primeiro aniversario da recuperación da feira

TerraChaXa
O 28 de outubro Reigosa celebra o primeiro aniversario da recuperación da súa feira cos tradicionais postos de calzado, roupa, artesanía, comida, ademais de polbo e churrasco.
12 Out 2017

O 28 de outubro Reigosa celebra o primeiro aniversario da recuperación da súa feira cos tradicionais postos de calzado, roupa, artesanía, comida, ademais de polbo e churrasco.

Nesta ocasión, a protagonista será a música tradicional tanto na animación de rúa coma nos bares. Pola tarde, a partir das seis, celebrarase un obradoiro de baile tradicional e máis tarde, a partir das oito do serán, achegaranse a Reigosa dous grupos de pandereteiras de Lugo (Cantareiras) e de Ames (Maianas).

Xa pola noite a gran convidada será Sés que ofrecerá, a partir das dez da noite, un concerto en acústico. As entradas poderán adquirirse contactando coa directiva da Asociación Sociocultural e de Veciños de Reigosa a través da súa páxina de facebook. Tamén están dispoñibles de xeito anticipado na librería Pedregal (Meira), Casa Germán (Reigosa), Restaurante O Castro (A Pastoriza) e Lugocopia (Lugo).

A foliada continuará cos Valuros, de Castro de Rei, e Son de Lugh, de Lugo.

Tamén haberá sorteo de agasallos.

0.190101146698