Reigosa celebra o Día das Letras Galegas cunha homenaxe á música tradicional

A Asociación Veciñal de Reigosa organiza este 17 de maio unha xornada especial para conmemorar o Día das Letras Galegas, cunha programación centrada na música e na tradición popular galega.
A partir das 16:30 horas, terá lugar unha actividade dedicada á figura das cantareiras, unha peza clave na transmisión da cultura galega.
O evento contará coas actuacións dos grupos Airiños de Orbazai, Lambe, Lambe e Grupo de música e baile tradicional da Pastoriza.
A cita desenvolverase na Casa Sociocultural de Reigosa – Edificio Mariña Folgueira, e incluirá unha merenda para todas as persoas asistentes.
A actividade conta co apoio da Deputación de Lugo, a través da súa área de Cultura.