Reigosa celebra o San Xosé esta fin de semana

TerraChaXa
A música estará a cargo do grupo Lume e o dúo Belinda
festas-reigosa-pastoriza
18 Mar 2025

A parroquia de Reigosa, no concello da Pastoriza, celebrará as tradicionais festas na honra de San Xosé os días 22 e 23 de marzo. As celebracións arrancarán o sábado 22 cunha misa ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú e unha gran verbena que contará coa actuación do Grupo Lume. O domingo 23 continuará a festa cunha nova sesión vermú amenizada polo Dúo Belinda.

Estas festividades prometen un ambiente festivo e de convivencia para todos os asistentes. Desde a organización animan a veciños e visitantes a participar nesta cita marcada pola música e a tradición.

⚙ Configurar cookies
0.4834291934967