Reigosa celebra o San Xosé este sábado

A parroquia de Reigosa, no concello de Pastoriza, celebrará as tradicionais festas na honra de San Xosé este sábado, 21 de marzo. As celebracións arrancarán cunha misa ás 13:00 horas, seguida dunha sesión vermú e unha gran verbena que contará coa actuación de Folixa e Eventec.
A festa terá lugar na explanada do local social, en campo cuberto con carpa e servizo de barra dentro e fóra do local.
Estas festividades prometen un ambiente festivo e de convivencia para todos os asistentes. Desde a organización animan a veciños e visitantes a participar nesta cita marcada pola música e a tradición.