Reigosa e Crecente, na Pastoriza, celebran as súas patronais

TerraChaXa
As localidades de Crecente e Reigosa, no Concello da Pastoriza celebran esta fin de semana as súas festas.
verbena festa orquesta concerto
20 Xul 2023

As localidades de Crecente e Reigosa, no Concello da Pastoriza celebran esta fin de semana as súas festas.

A primeira festexa a San Salvador e comezará as celebracións o sábado, ás 14.00 horas coa misa, á que seguirá a sesión vermú tradicional co trío D’Nika, que tamén actuará pola noite xunto ao grupo Unión y Fuerza.

O domingo as celebracións rematarán coa sesión vermú co dúo Venus.A organización lembra que o campo da festa estará cuberto con carpa.

En Reigosa as festas comezarán o domingo 23 na honra a Santiago Apóstolo. Unha cea a base de polbo e churrasco abrirá a sesión, que estará amenizada por Origen e Galilea en sesión verbena.

O 24 haberá misa pola mañá con procesión e será o grupo Límite o encargado do apartado musical da xornada, tanto ao mediodía como á noite. Será na verbena cando tamén estará o grupo Beatriz.

O martes 25 o grupo Alba pechará as celebracións na sesión vermú, trala misa e procesión.

0.20314598083496