Reigosa inicia este sábado as Noites de Teatro

TerraChaXa
A primeira delas, chamada 'A Presa', terá lugar ás 21.00 horas
noites-de-teatro-reigosa
12 Sep 2025

A Asociación de Veciños de Reigosa, grazas ao programa de Circuítos Teatrais da Deputación de Lugo, acollerá logo do verán as Noites de Teatro, que se repartirán en varios días, desde setembro ata decembro, a partir das 21.00 horas.

A primeira delas, chamada A Presa, terá lugar o 13 de setembro. O 18 de outubro, será a quenda de A viaxe do Señor López, da man de Producións Súper López.

O 15 de novembro, Lume Escénico deleitará á localidade coa produción Activos e Ubú Teatro será o encargado de pechar esta iniciativa o 20 de decembros co O vixilante de soños.

⚙ Configurar cookies
0.085078954696655