Reigosa prepárase para rir con a obra ‘Activ@s’, da compañía Lume Escénico

TerraChaXa
A representación terá lugar este sábado 15 de novembro ás 21.00 horas na Casa Sociocultural de Reigosa
A PASTORIZA obra activ@s
12 Nov 2025

A Asociación de Veciños de Reigosa convida á veciñanza a desfrutar dunha tarde de humor e teatro coa representación de ‘Activ@s’, unha comedia da compañía Lume Escénico que se poderá ver este sábado 15 de novembro ás 21.00 horas na Casa Sociocultural de Reigosa, no edificio Mariña Folgueira.

A obra, interpretada pola veciñanza da Pontevona, propón unha reflexión divertida sobre o traballo, o descanso e o concepto de retiro dourado. A peza parte dunha pregunta provocadora: estamos a traballar por riba das nosas posibilidades? Que pasaría se a Administración puxese en marcha un plan experimental para manter o estado de benestar? A resposta, como avisan dende o grupo, chega cargada de humor: ‘os experimentos, con gaseosa’.

A representación promete unha noite de risas e complicidade, cun elenco afeccionado que continúa consolidando a súa presenza nas actividades culturais da Pastoriza.

⚙ Configurar cookies
0.072564125061035