Reigosa presenta unha ampla programación de Nadal con actividades para todas as idades

A parroquia de Reigosa vén de anunciar a súa programación de actividades de Nadal, unha proposta que combina excursións, obradoiros e espectáculos familiares e que permanecerá aberta “ata esgotar cabida”.
As celebracións arrancaron o 13 de decembro cunha excursión de Nadal á cidade de Vigo, cun percorrido polos principais puntos de iluminación e saída ás 8.30 horas desde a Casa Sociocultural.
Este mércores, 17, será a quenda dun taller de manualidades dirixido a persoas de todas as idades, que se desenvolverá entre as 16.00 e as 19.00 horas tamén na Casa Sociocultural. A programación continuará o 20 de decembro coa representación teatral de UBU Teatro, que porá en escena a obra O vixilante de soños ás 21.00 horas.
Xa en xaneiro, o día 2 chegará á parroquia Mircromina Títeres co espectáculo Familia unida, previsto para as 19.00 horas. O ciclo pecharase o 4 de xaneiro cunha nova proposta teatral, nesta ocasión a cargo de LiLa Teatro, que representará Cachopo Máxico ás 17.00 horas.
Todas as actividades desenvolveranse na Casa Sociocultural e están pensadas para o desfrute de toda a familia, co obxectivo de dinamizar a vida cultural de Reigosa durante o Nadal.